Obxetivos
Partida de nacemento
Testamento
Discurso Inaugural
Persoal Docente
Persoal de Servizos
Pinacoteca
Federico de Madrazo
Capela
Gabinete de Física
Gabinete de Química
Gabinete de Historia Natural

RECOÑECEMENTOS.
"Todas, absolutamente todas as persoas que o visitaron (o Colexio), recoñeceron que é un dos máis importantes de España. Distinguidos gentleman e mariños ingleses, cuios fermosos iates de recreo ou formidables barcos de guerra detivéronses nas nosas augas, dixéronnos en varias ocasións que pode compararse, sen inconvinte algún, cos seus mellores centros de ensino. Confirmando estas apreciacións están as do Cardeal-Bispo de Compostela, Monseñor Martín de Herrera, que ó dispensarnos a alta honra de visitar este establecemento, manifestounos a agradable sorpresa que lle producira no seu ánimo ollar a perfecta instalación deste Colexio, coa súa fermosa Capela, as súas ben organizadas Escolas de Instrucción Primaria, as súas clases de adorno e aplicación ó comercio, e o excelente material de ensino de que se dispón...".
D. Manuel Porrúa Rodríguez. Profesor e Secretario. Memoria Curso 1898-1899.

"No pasado mes de xullo, tendo a satisfacción de acompañar ós albaceas a unha das visitas que fan con frecuencia ó Museo Pedagóxico e ás principais escolas de Madrid, a fin de enterarse persoalmente dos medios de que dispoñen para o ensino, e ata do xeito de como funcionan ditos centros, puiden apreciar que ningunha daquelas escolas iguala, de ningún xeito, á que nos temos".
D. Samuel García Pérez. Profesor e Director. Memoria Curso 1902-1903.

"Por verdadeira casualidade atopei esta fermosa vila, e tiven a magnífica ocasión de visiitar este Centro. A súa grandiosa colección e organización completa raras veces se atopan. Non podo deixar de admirar o espíritu xeneroso que o fundou, e desexo, con toda a miña alma, que continúe de día en día o desenvolvemento cultural iniciado polos seus dignos profesores".
Sootaro Hozokawa. Agregado da Delegación Xaponesa en Madrid. Ano 1922.