 |
No testamento de D. Fernando Blanco de Lema, outorgado, en data 2 de abril de 1875, ante o notario do distrito de Guadalupe da Habana (Cuba), con respecto ós albaceas dise o seguinte: "Nombro albaceas, tenedores, administradores, contadores y partidores de mis bienes, con amplias e ilimitadas facultades y relevacion de fianza, á mis amigos Don Juan Alvarez Baldonedo y Don Brigido Zavala ..." "...y les faculto asimismo, para que si ellos no pudieren concluir definitivamente la obra que les encomiendo, puedan nombrar por testamento ó en la forma que mejor vieren convenir, la persona ó personas de su completa confianza, que por ellos y á mi nombre, los realicen con las mismas facultades que á ellos les confiero de poder delegar sin limitacion alguna, imponiendoles la obligacion de hacer dicho nombramiento, tan luego ocurra mi fallecimiento, á prevencion de que la hora incierta de la muerte, no les sorprenda sin haberlo cumplido...".
Polo tanto, e en virtude do anteriormente dito, este é o cadro de albaceas de D. Fernando Blanco de Lema ata o ano de 1959: - D. Juan Álvarez Baldonedo (1º Albacea; de 1875 a 1880); - D. Brígido Zavala Aguirre (2º Albacea; de 1875 a 1883); - D. Antonio Vázquez Queipo (3º Albacea; de 1880 a 1900); - D. Anselmo Rodríguez Domínguez (4º Albacea; de 1883 a 1900); - D. Vicente Quiroga Vázquez (5º Albacea; de 1900 a 1913); - D. Anselmo Rodríguez Cadavid (6º Albacea; de 1900 a 1938); - D. José Quiroga Vázquez (7º Albacea; de 1913 a 1959); - D. Anselmo Rodríguez Rendueles (8º Albacea; de 1938 a 1953); - D. José Corbal Sendón (9º Albacea; de 1953 a 1959).
A Orde do Ministerio de Educación Nacional, de 30 de decembro de 1959, publicada no B.O.E de 20 de xaneiro de 1960, confirma a suspensión no seu cargo de D. José Quiroga Vázquez, e ó mesmo tempo, acepta a dimisión de D. José Corbal Sendón. Indica, ademáis, "... que mientras se sustancia el expediente de destitución ordenado incoar al mencionado señor Quiroga Vázquez, se haga cargo del gobierno de la Obra Pía mencionada una Junta integrada por el Señor Alcalde-Presidente del Ayuntamiento de Cee (La Coruña), por el señor Cura Párroco y por el señor Juez de Paz de la localidad citada". Polo tanto, esta Xunta Patronal formada por Alcalde, Párroco e Xuíz de Paz, rexiu o destino da Fundación Fernando Blanco dende principios do ano 1960 ata o 3 de xaneiro do ano 2007, nada máis e nada menos que 47 anos, durante os cales formaron parte dela moitas persoas ás que, dende aquí, queremos agradecerlles o seu traballo e esforzo a prol desta institución.
O día 4 de xaneiro do 2007 aprobáronse os estatutos da Fundación Benéfico-Docente Fernando Blanco de Lema de Cee. No artigo 11 dos mesmos, titulado "Composición e organización do padroado", faise referencia a que estará composto por 5 membros: - Presidente (este posto recaerá na persoa que ocupe o cargo de Alcalde de Cee); - Secretario (este posto recaerá na persoa que ocupe o cargo de Responsable da Colección Visitable da Fundación Fernando Blanco de Lema); - Tesoureiro (este posto recaerá na persoa que ocupe o cargo de Párroco de Santa Mª da Xunqueira); - 2 Vocais (estes postos recaerán nas persoas que ocupen os cargos de Xuíz de Paz de Cee e de Director do I.E.S. Fernando Blanco). Polo tanto, á día de hoxe, o padroado da Fundación Fernando Blanco de Lema está composto por: - D. Ramón Vigo Sambade (Presidente); - D. Darío Areas Domínguez (Secretario); - D. Manuel Vázquez Formoso (Tesoureiro); - Dª. María del Mar Castro Bujeiro (Vocal); - Dª. Consuelo Trillo Lago (Vocal).
|
 |