 |
Dende que o Colexio-Instituto e a Escola de Nenas abriron as súas portas, aló polos anos 1886 e 1887 respectivamente, ata que no ano 1961 se cede en usufructo o edificio do Instituto ó M.E.C (Ministerio de Educación e Ciencia), multitude de profesores, mestres, personal de administración, persoal de servizos, etc, traballaron arreo para que esta institución fora a envexa da maioría dos centros educativos de Galicia. Cos listados das persoas que traballaron ó servizo da Fundación e do pobo de Cee e bisbarra pretendemos facer unha homenaxe sincera a todos eles, porque todos eles aportaron o seu grao de area para que este pobo fora, en materia educativa, cultural e social, durante moitas décadas, un referente a seguir por moitas vilas da comunidade.
|
 |
|