|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
 |
Na actualidade, rebasado claramente o século da súa creación, con mínima documentación dispoñible para poder certificar a autoría do proxecto xardinístico (presumiblemente foi obra do arquitecto José María Aguilar, o mesmo arquitecto encargado dos dous edificios da Fundación), é de supoñer, como punto de partida, que o xardín se construíse ó finalizar a edificación do Colexio (1886), e que, polo tanto, este sexa o momento da incorporación do catálogo florístico compoñente da plantación orixinal, do que perviven algúns exemplares. O certo é que estamos perante un espazo de pequenas dimensións e sinxela traza, de estilo ecléctico, que combina, nos seus diferentes compartimentos, a xeometría co paisaxismo, tendo a súa faceta máis reseñable na flora que alberga, caracterizada pola súa diversidade e monumentalidade. Con fins descriptivos, o xardín pode ser estructurado en dous compartimentos: Xardín Antigo e Pradeira Arborada. O Xardín Antigo desenvólvese en torno ó edificio escolar, constando de partes diferentes: unha xeométrica, encaixada entre a fachada principal e a reixa de pechamento, composta de dúas metades de igual deseño e disposición simétrica, ó longo da avenida de entrada; e outra paisaxista, constituída por unha terraza e un talude, con cuberta de pradeira. A Pradeira Arborada, de recente creación, consta de dúas zonas, separadas por un carreiro de paso: a superior, de menor dimensionalidade territorial e importancia florística; e a inferior, máis grande, cunha plantación vexetal multiespecífica en disposición reticulada. Como remate, ademáis da personalidade que emana do inventario florístico, convén ter presentes os atributos que aporta o mundo da pedra, que contribúen á valoración da entidade do xardín: un edificio palaciano, construcción que actúa coma elemento ordenador; a reixa e a muralla, estructuras delimitantes; a casa do bedel, destinada ó personal de servizo e vixiancia; e as novas instalacións educativas, o caseto da caldeira da calefacción, o queimadeiro, a pérgoa-alpendre e a fonte-bebedoiro, pezas de menor dignidade fabricacional, non pertencentes ó proxecto inicial, a posterior incorporación das cales, para satisfacción de novas necesidades, produciu as conseguintes modificacións, pero que a fin de contas, forman parte do xardín actual.
A continuación podedes ollar algúns dos exemplares máis salientables do espazo axardinado do Colexio-Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema.
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Abies cephalonica. Familia: Pinaceae. Orixe: Nativo das rexións montañosas de Grecia, fundamentalmente do Peloponeso e da illa de Cefalonia. Etimoloxía: Abies (do latín, abeto); cephalonica (procedente da illa de Cefalonia).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Abies nordmanniana. Familia: Pinaceae. Orixe: Procede da parte occidental da Cordilleira do Cáucaso. Etimoloxía: Abies (do latín, abeto); nordmanniana (na honra de Alexander Davidovic von Nordmann, botánico finlandés descubridor desta especie).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Cedrus atlantica. Familia: Pinaceae. Orixe: Montañas do Norte de África (Marrocos e Arxelia). Etimoloxía: Cedrus (do latín, cedro); atlantica (do latín atlanticus-a-um, do Océano Atlántico ou da Cordilleira do Atlas).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Cedrus libani. Familia: Pinaceae. Orixe: A súa área de orixe atópase no Líbano, Siria e Turquía. Etimoloxía: Cedrus (do latín, cedro); libani (procedente do Líbano).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Taxus baccata. Familia: Taxaceae. Orixe: É orixinario de casi toda Europa, área Mediterránea e Asia Menor. Etimoloxía: Taxus (do latín, teixo); baccata (do latín baccatus-a-um, con froitos parecidos á baia).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Magnolia grandiflora. Familia: Magnoliaceae. Orixe: Estados Unidos. Etimoloxía: Magnolia (este xénero foi posto por Linneo na honra de Pierre Magnol, profesor de Botánica en Montpellier nos séculos XVII-XVIII); grandiflora (alude as súas flores de grande tamaño).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Cryptomeria japonica. Familia: Taxodiaceae. Orixe: China, Xapón. Etimoloxía: Cryptomeria (do grego krypto: escondido e meris: parte, aludindo a que todas as partes da flor están escondidas); japonica (do latín japonicus-a-um: procedente do Xapón).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Prunus laurocerasus. Familia: Rosaceae. Orixe: Especie nativa do Suroeste de Asia e Sureste de Europa. Etimoloxía: Prunus (nome latino do ciruelo silvestre); laurocerasus (de laurus: loureiro e cerasus: cereixo, polas súas follas e os seus froitos que recordan ós destas prantas).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Ligustrum lucidum. Familia: Oleaceae. Orixe: China. Etimoloxía: Ligustrum (nome antigo latino para esta árbore); lucidum (do latín, significa lustroso, brilante, aludindo ó brilo das sús verdes follas).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Philadelphus coronarius. Familia: Saxifragaceae. Orixe: Cáucaso e Armenia. Etimoloxía: Philadelhus (do grego filos: amigo e adelfos: irmán).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Viburnum opulus. Familia: Caprifoliaceae. Orixe: Nativo de Europa, Noroeste de África, Asia Menor, Cáucaso, Asia Central.
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Camellia japonica. Familia: Theaceae. Orixe: Xapón. Etimoloxía: Camellia (adicado a Georg Josef Kamel (1661-1706), farmacéutico xesuita, o cal recolectou prantas en Filipinas); japonica (do latín japonicus-a-um, procedente do Xapón).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Rhododendron ponticum. Familia: Ericaceae. Orixe: Asia Menor; introducido en Europa en 1763. Etimoloxía: Rhododendron (do grego; Rhodos: rosa; dendron: árbore).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Buxus sempervirens. Familia: Buxaceae. Orixe: Orixinario de Europa, onde medra de xeito silvestre dende as Illas Británicas ata a costa do Mar Mediterráneo e do Mar Caspio. Etimoloxía: Buxus (nome en latín do buxo); sempervirens (do latín sempre verde, facendo alusión á persistencia das follas nas pólas).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Tilia tormentosa. Familia: Tiliaceae. Orixe: Especie orixinaria dos Balcáns, Hungría e Suroeste de Rusia e Anatolia. Etimoloxía: Tilia (nome en latín do tilleiro); tormentosa (do latín tormentosus-a-um, con tormento, aludindo ó denso tormento do envés das follas).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Phoenix canariensis. Familia: Arecaceae. Orixe: Illas Canarias. Etimoloxía: Phoenix (nome grego da palmeira datileira); canariensis (do latín canariensis-e, procedente das Illas Canarias).
|
 |
|
|
|
|
 |
Nome científico: Platanus hispanica. Familia: Platanaceae. Orixe: Ó parecer, segundo algúns autores, esta especie provén do cruce entre Platanus orientalis, nativo do Suroeste de Asia, e Platanus occidentalis, nativo da zona atlántica de Estados Unidos. Existen toda unha serie de formas intermedias entre ambos que en ocasións fai difícil a súa determinación correcta. Etimoloxía: Platanus (nome grego da árbore); hispanica (alude a Hispania, xa que a especie foi descrita no 1770 con material procedente de exemplares cultivados supostamente en España).
|
 |
|