Obxetivos
Partida de nacemento
Testamento
Discurso Inaugural
Persoal Docente
Persoal de Servizos
Pinacoteca
Federico de Madrazo
Capela
Gabinete de Física
Gabinete de Química
Gabinete de Historia Natural

O ideal educativo da Fundación non se limitaba ó tradicional labor educativo. Buscaba non só formar ó alumno con asignaturas, coñecementos, datos técnicos, humanísticos ou científicos, senón que tiña a alentadora determinación de fomentar un desenvolvemento integral do ser humano, e para iso consideraba imprescindible o cultivo dun certo gusto estético. O propio edificio que albergaba o Colexio constituía, na súa sobria dignidade, un exemplo dos ideais artísticos que a Fundación pretendeu espallar dende o seu nacemento.
Tódalas adquisicións de obras de arte e elementos decorativos, tódolos motivos ornamentais, dende as pinturas ou gravados ós quinqués ou ós interruptores eléctricos de porcelana, tiveron coma última finalidade a propia instrucción do alumno, a educación do seu bo gusto. Froito desta filosofía idealista, a Fundación foise facendo cunha máis ca meritoria colección artística que se iniciara anos antes da propia construcción do Colexio.
Evidentemente, as pezas máis sobresaíntes desta colección artística da Fundación son os 17 cadros de distintos pintores (8 de Federico de Madrazo) e a propia Capela do Colexio, onde repousan, en sepulcro de mármore branco, os restos do filántropo ceense.



RELOXIO EMILIO VERGNE. Ca: Fin. s. XIX.

Pero ademáis, os patróns da Fundación acadaron do Ministerio de Instrucción Pública a doazón de 36 gravados, colección que recopilaba obras dalgúns dos mellores gravadores contemporáneos, coma Bartolomé Maura, Fernando Selma, Eugenio Lemus ou Joaquín Ballester, e da que só se conservan 13 pezas das 36 orixinais.
A Fundación conserva tres placas de bronce, gravadas a man, obras, todas elas, do gravador e acibecheiro Enrique Mayer Castro, así coma unha completa colección de ourivería relixiosa procedente da fábrica madrileña de Meneses.
Esta preocupación pola arte trasladouse ó ámbito educativo. As coleccións de xesos e láminas empregábanse nas clases de debuxo coma modelos. No 1903, adquiríronse dúas interesantes figuras de xeso para embelecer a escaleira principal do Colexio-Instituto da Fundación. Unha era unha copia do Sátiro en Repouso de Praxiteles, pero a outra, era unha obra de maior calidade, unha representación de Ganímedes, modelada por Álvarez. Este artista recibira de Napoleón, no ano 1804, unha medalla de ouro por esta mesma escultura.



ESCULTURAS. 1903.