Obxetivos
Partida de nacemento
Testamento
Discurso Inaugural
Persoal Docente
Persoal de Servizos
Pinacoteca
Federico de Madrazo
Capela
Gabinete de Física
Gabinete de Química
Gabinete de Historia Natural

Federico de Madrazo foi discípulo do seu pai, o pintor José Madrazo y Agudo e doutros renomeados artistas, empezando a pintar co gusto da escola neoclásica, pero as constantes viaxes a París e Roma fixéronlle sentila influencia do romanticismo alemán e francés. Amigo de Ingres, traballou no seu taller durante a súa estancia en París. En Roma estivo en contacto con Overbeck e o grupo dos nazarenos, quenes reforzaron a súa destreza innata para o debuxo. Nunha época que valoraba fundamentalmente os cadros de Historia ou a pintura relixiosa, Madrazo decidiu especializarse no retrato, revolucionando coas súas dotes un xénero daquela considerado menor e inevitable para os artistas que non tiveran outra forma de asegurar os recursos económicos imprescindibles. Ó principio da súa carreira cultivou o cadro de Historia (Aquiles en su tienda; Presentación del cadáver del duque de Nemours al Gran Capitán...), algúns de asunto relixioso (Las tres Marías...), e máis de 600 retratos, especialidade á que se adicou case exclusivamente a partires de 1842. A súa pintura está definida por medio dunha pincelada preta e moi brilante. Os retratos de Federico de Madrazo distínguense pola corrección e a elegancia do debuxo e pola distinción do colorido e, ademáis dos méritos que encerran, son reflexo fiel de toda a xeración contemporánea do artista. Federico de Madrazo pinta retratos para a aristocracia, gozando por elo dunha situación social elevada, o que o introduce en ambentes privilexiados.
Federico de Madrazo gozaba dun prestixio excepcional, posto que foi primeiro pintor de Cámara da raíña Isabel II, director da Academia de San Fernando e director do Museo do Prado.



FEDERICO DE MADRAZO Y KUNTZ. Roma, 1815 - Madrid, 1894.