Obxetivos
Partida de nacemento
Testamento
Discurso Inaugural
Persoal Docente
Persoal de Servizos
Pinacoteca
Federico de Madrazo
Capela
Gabinete de Física
Gabinete de Química
Gabinete de Historia Natural

En pouco tempo, os veciños afixéronse a ver no Colexio algo cercano e familiar, algo propio, e o edificio, coa súa magnificencia e os seus exóticos xardíns, converteuse nun punto de referencia obrigado para calquera actividade social que se desenvolvese na localidade. Sen dúbida, éste fora o obxetivo último de D. Fernando Blanco: suministrar á vila que o viu nacer dun eficaz instrumento de prosperidade social e esparcimento.
O esforzo educativo da Fundación non só chegou ós nenos e nenas en idade escolar. Axiña se instalaron, fora do horario lectivo, clases para traballadores e adultos que se centraron nas campañas de alfabetización e nas ensinanzas do debuxo e da música. Pouco despóis suprimiríanse, por innecesarias, estas clases de adultos e obreiros, tras reducir o analfabetismo ata límites dificilmente imaxinables unhas décadas antes en Galicia.



REPRESENTACIÓN TEATRAL. 1908-1909.

A erradicación de hábitos perniciosos, que se foron correxindo co labor educativo emprendido dende o Colexio, foi un dos principais obxetivos sanitarios da Fundación, pero non o único. No 1887 instalábase no Colexio un botiquín dirixido por un farmacéutico, ó que axiña tiveron acceso, de xeito totalmente gratuito, non só os empregados da Fundación, senón tódolos pobres da parroquia.
A preocupación sanitaria da Fundación tivo especial relevancia na epidemia de variola do ano 1888, causante de 53 mortes, e nas febres tifoideas que anos despóis asolaron a poboación. A Fundación puxo a disposición dos médicos municipais os medios necesarios para sofoca-la epidemia, mentras que varios mestres do Colexio percorrían as rúas buscando, aillando e eliminando focos de infección. Grazas ás posteriores campañas de vacinación promovidas pola Fundación e á educación hixiénica impartida nos centros, estas epidemias case endémicas foron erradicadas a principios do século XX.



PRODUCTOS VENDIDOS FARMACIA. 1/1/1895.

Foron múltiples e constantes as iniciativas benéficas e caritativas que partiron da Fundación. Sería excesivamente prolixo enumerar os donativos a pobres, as anuais contribucións ás festas patronais, as axudas económicas para reparacións e ampliacións na igrexa parroquial ou tantas outras resolucións que sempre buscaron a repercusión inmediata en beneficio da vila. Pese a todo, algunhas das sús maiores contribucións ó progreso de Cee si merecen ser comentadas.
Así, no ano 1887, previa autorización da Dirección Xeral de Correos e Telégrafos, instalábase no Colexio a primeira estación telefónica interurbana da vila. A localidade comunicábase así coa estación telegráfica de Corcubión e, a través désta, con toda España. O seu sostemento corría a cargo da Fundación que, agás as taxas cobradas para Facenda, invertiu o resto das recadacións en diversas obras públicas do pobo. O propio Concello de Cee chegou a pedir ós veciños, nun bando público, que enviaran os seus despachos dende o Colexio e non dende Corcubión, para aumentar así os ingresos telefónicos.
Este espíritu que procuraba aunar o uso dos últimos adiantos do progreso coa contribución ó desenvolvemento inmediato da vila foi unha constante no quefacer cotiá da institución.



ESTACIÓN TELEFÓNICA L. M. ERICSSON. 1887.

Especial mención merece tamén a chegada, o 1 de Abril de 1906, da luz eléctrica á vila de Cee. Poucos días antes os xestores da Fundación pensaran no acetileno para sustituir a anticuada iluminación de petróleo empregada no Colexio, pero ó saber que unha empresa local podería fornecer en breve enerxía eléctrica, mudaron de idea. O 20 de Marzo dese mesmo ano asinábase o contrato entre o Colexio e Electro Cereijo, e pouco despóis esta empresa de Cee instalaba a necesaria rede de iluminación, comprometéndose a proporcionar o fluído eléctrico necesario.
Vemos así, que nas primeiras décadas de existencia da Fundación, tódalas iniciativas que xurdían tiñan o firme propósito de contribuir ó progreso económico, social e cultural da vila. Mentres durou o alento filantrópico que impulsara o nacemento da Fundación, o ideal benefactor e xeneroso de D. Fernando Blanco de Lema continuou desenvolvéndose coas actividades da institución; pero o paso dos anos traería posteriormente a lenta e irremediable decadencia dun proxecto social e educativo que cambiara por completo as condicións de vida da comarca.



ELECTRO CEREIJO. Río Carboal.