Obxetivos
Partida de nacemento
Testamento
Discurso Inaugural
Persoal Docente
Persoal de Servizos
Pinacoteca
Federico de Madrazo
Capela
Gabinete de Física
Gabinete de Química
Gabinete de Historia Natural

A exposición de fotografía antiga titulada "Olladas Nostálxicas. Fotografías do Colexio-Instituto e Escolas da Fundación Fernando Blanco de Lema (1886-1954)", foi a segunda exposición temporal que organizou o Museo. A súa inauguración foi o sábado 13 de outubro do 2007, ás 18.00 horas.

Con ela, preténdeuse amosar, non só a dimensión educativa, cultural e social do Colexio-Instituto e Escolas da Fundación, senón tamén a dimensión simbólica dun Colexio que, aínda hoxe en día, é a imaxe máis coñecida da nosa acolledora vila, e que servía de telón de fondo, xunto co xardín botánico, das instantáneas que os veciños se facían para gardar de recordo ou para enviar ós familiares que tiñan na emigración.

Esta exposición foi unha realidade grazas á colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Cee, e de moitos colaboradores que traballaron arreo xunto co persoal do Museo.

Aquí podedes ver unha presentación das fotografías que formaron parte da exposición.



Catálogo Exposición.



FOTOGRAFÍAS INAUGURACIÓN "OLLADAS NOSTÁLXICAS"