|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
 |
Os traballos de construcción do Colexio-Instituto de Santa María de Cee (así era coñecido nos seus primeiros anos de vida), iniciáronse, logo de moita controversia, o 2 de Agosto do 1880. O 6 de Maio de 1884 colocouse a última pedra do torreón central do prominente edificio que dominaba a vila, aínda que diversas obras e reformas interiores retrasaron dous anos máis o comezo das actividades docentes. Foi o 2 de Outubro do 1886 cando D. Dionisio Barreda, catedrático da Universidade de Valladolid e primeiro Director do Colexio-Instituto de Santa María de Cee, pronunciaba o discurso inaugural. Vicente Vázquez Queipo (apoderado en España dos primeiros albaceas) tivera o bo criterio de supeditar o deseño do edificio (obra do arquitecto madrileño José María Aguilar) ó programa educativo preparado por Acisclo Fernández-Vallín, Conselleiro de Instrucción Pública e promotor de varias reformas educativas na España do século XIX. Nas obras invertiuse a cantidade de 185.921,77 pesos.
|
 |
|
|
|
|
 |
A Escola de Nenas, obra tamén de José Mª Aguilar, edificouse sobre o solar da casa natal de D. Fernando Blanco de Lema. Iniciáronse as obras de construcción da Escola das Nenas o 30 de Abril do ano 1882, e rematáronse o 11 de Maio do ano 1883, aínda que non se inaugurou ata o ano 1887 debido a unha serie de denuncias (proximidade do cemiterio). Nela recibían educación os párvulos (nenos/as) ata os sete anos e as nenas ata os catorce. Os nenos, cando cumprían os sete anos, continuaban os seus estudios nunha aula destinada ó efecto no Colexio-Instituto, que recibía o nome de Escola de Nenos.
|
 |
|
|
|
|
 |
En Galicia, nas primeiras décadas do século XX, máis da metade da poboación era analfabeta. No mundo rural o ensino elemental cubríase, na súa maior parte, coas chamadas "escolas de ferrado", en lugares mal acondicionados nos que mestres, pouco ou nada cualificados, impartían coñecementos moi rudimentarios (ler, escribir, facer contas e algo de relixión). As escolas eran mantidas polos pais, e a falta de asistencia dos nenos á clase era a norma ante a indiferencia das autoridades. Estas carencias educativas, foron sempre sinaladas polos nosos intelectuais como un dos maiores obstáculos para o desenvolvemento social e cultural de Galicia. O proxecto de Fernando Blanco de Lema non foi unha experiencia aillada. Entre os anos de 1904 e 1936 constituíronse en América unhas catrocentas Sociedades Galegas de Instrucción, a maioría delas en Cuba e Arxentina, que abriron e financiaron aproximadamente uns 225 colexios en toda Galicia. Pódese dicir que, en materia infraestructural, as asociacións de emigrantes dotaron o país da primeira rede de edificios escolares expresamente deseñados e construídos para acoller con dignidade a tarefa docente, equipándoos ademáis, polo regular, cun mobiliario e material didáctico abondante e moderno, que resultaba pouco común nas escolas rurais daquel tempo.
|
 |
|
|