Fernando Blanco de Lema naceu en Cee o 18 de Outubro de 1796. Cando contaba con menos dun ano de idade morreu o seu pai, de profesión sangrador (ciruxán), polo que a súa educación correu a cargo do seu tío e padriño Fernando Blanco Giance, cura de San Xoán de Mazaricos, ao que debeu as súas sólidas crenzas relixiosas.
No 1809 os franceses (Guerra da Independencia) matan ó seu padriño e arrasan a vila de Cee. A súa nai, viuva e con cinco fillos, decide envialos tres fillos varóns a Ferrol, e, dende alí, con só trece anos, Fernando Blanco de Lema emprende viaxe para Cuba.
O seu primeiro traballo na illa caribeña foi de dependente nunha tenda de ultramariños. Con trinta e tres anos decide adicarse ó negocio da ferretería, creando varias tendas na illa, e sendo este negocio a base da súa fortuna. Ademáis de ser posuidor de intereses e accións en bancos e en compañías de ferro, mantiña estreitas relacións comerciais cun curmán emigrado a Nova Iorque, o rico empresario Bartolomé Blanco. En varias cartas dirixidas ao seu curmán podemos descubrir un perfil humano que nos avanza o filántropo que máis tarde se revelaría: home afectuoso, preocupado polos seus parentes máis desfavorecidos, confirmándonos a fortaleza dos lazos que sempre mantivo coa súa localidade natal.
Pouco antes de morrer, o 2 de Abril de 1875, redactou o testamento. Nel ratifica as súas fortes conviccións relixiosas, asegura estar solteiro e sen fillos, e declara estar aloxado na casa de Regla da Silva, viuva que o cuidaría con esmero durante a enfermedade que poucos días despóis acabaría coa súa vida.
No testamento expón a vontade de asignar certas cantidades á dita viuva, a dous afillados e a dúas curmáns que tiña en España sen fortuna. Tamén se viron favorecidas no testamento a Real Casa de Beneficencia e Maternidade da Habana e a Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galicia.
Finalmente, o groso da súa fortuna (750.000 pesos de ouro) decide empregalos na construcción e mantemento dun Colexio de Primeira e Segunda Ensinanza na súa vila natal (Cee). Para levar a cabo esta misión nomea coma testamenteiros a Juan Álvarez Baldonedo e a Brígido Zavala, e coma apoderado en España é nomeado Vicente Vázquez Queipo, insigne científico lugués. Todos eles levaron a cabo, no medio dunha agre disputa xornalística e legal, o magno proxecto que determinaría o nacemento da Fundación.
Fernando Blanco morreu en Cuba pouco despois de asinar este documento (5 de Abril de 1875), repousando as súas cinzas na capela do Colexio que mandara fundar.
You are here:
GALEGO
Fernando Blanco