Obxetivos
Partida de nacemento
Testamento
Discurso Inaugural
Persoal Docente
Persoal de Servizos
Pinacoteca
Federico de Madrazo
Capela
Gabinete de Física
Gabinete de Química
Gabinete de Historia Natural

MUSEO DA FUNDACIÓN FERNANDO BLANCO DE LEMA.
Praza da Constitución, 25. 15270 - Cee (A Coruña).
Tel.: 981.74.72.21.
e-mail: fundacioncee@hotmail.com

Un dos obxetivos principais do Museo é dar a coñecer a vida de D. Fernando Blanco de Lema, así como a difusión do patrimonio histórico do que foi un dos principais e máis admirados Colexios de Galicia.
Polo tanto, poñemos á disposición dos grupos que o desexen, de xeito totalmente gratuito e previa cita (tel.: 981.74.72.21), a posibilidade de recibir unha visita guiada polas nosas instalacións, da que a bo seguro levarán unha grata lembranza.



MUSEO FUNDACIÓN FERNANDO BLANCO DE LEMA. CEE.

Horario

HORARIO DE INVERNO (de outubro a xuño)   
Martes a venres   De 9:30 á 13:30 horas  
Sábados  De 9:30 á 13:30 e de 17 a 19 horas 
Domingos, luns e festivos  Pechado 


O 11 de agosto do ano 2001 abreu as súas portas, por primeira vez ó público, o Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema, situado no número 25 da Praza da Constitución da vila de Cee.
Polo acordo do Consello da Xunta do 9 de xuño de 2005, o Museo foi recoñecido coma Colección Visitable de carácter científico-técnico e artístico.
Como sede do Museo elixiuse o edificio da antiga Escola de Nenas, erixido pola Fundación Fernando Blanco de Lema no solar da vella casa do mecenas, baixo a dirección do arquitecto madrileño José Mª Aguilar.
Disponse así dunha sede amplamente vencellada á Fundación, nun edificio histórico de arquitectura nobre e singular, rehabilitado específicamente para sede do Museo, e localizado no centro da vila, con grande accesibilidade.



PLACA FACHADA MUSEO.

O Museo conta con dúas plantas adicadas, case por enteiro á exposición de fondos.
A planta baixa conta cunha sala de exposicións de 142,30 metros cadrados, coa que se pretende achegar ós visitantes unha visión histórica da Fundación, do labor desenvolvido e do carácter interdisciplinar e innovador das súas actividades educativas.
Nesta sala sitúanse os fondos artísticos que requiren especiais condición de conservación e mantemento (cadros), xunto cos contidos educativos de maior incidencia social na vila, coma a música, o debuxo ou os saberes relacionados coa agricultura.
O primeiro andar, formado por unha única sala expositiva de 200,20 metros cadrados, resérvase para a realización de exposicións temporais. Cando non está programada ningunha exposición temporal, o espacio resérvase para o que, con diferencia, constitúe o máis armónico e numeroso fondo patrimonial: a colección de instrumental científico e material didáctico das cátedras de física, química e historia natural.



VISTA MUSEO.